O equipo do estudio está minuciosamente escollido para que poida cubrir todas as necesidades posibles para unha gravación ou calquera outra actividade relacionada co mundo do son. Está baseado na gravación a disco duro mediante o Protool HD cuns convertidores Apogee. Equipo de alta calidade cos que traballan os mellores estudios de todo o mundo.
Apogee Rosetta 800, convertedor (analóxico,dixital, dixital analóxico) de 8 canles a 24bits e ata 192KHz. Conta co SoftLimit, que maximiza os niveis de gravación sen distorsión nen clipping.Apogee Rosetta 800, convertedor (analóxico-dixital, dixital analóxico) de 8 canles a 24bits e ata 192KHz. Conta co SoftLimit, que maximiza os niveis de gravación sen distorsión nen clipping.

Previos
O estudio conta nestes momentos co PRE de digidesign, previo de 8 canles de boa calidade e transparencia á hora de captar unha fonte sonora. Tamén contamos co MILLENNIA STT-1, un previo-compresor-ecualizador de alta gama, coa opción de elixir a válvulas ou a transistores segundo se desexe. Seguiremos ampliando a familia.

No estudio contamos coa seguinte microfonía. SHURE (sm57´s), AKG(c451´s, c414, d112), SENNHEISER (md421), NEUMANN (u87).
